faqs
other

Outros

Subscribirte é moi sinxelo. Só debes ir á páxina de inicio da nosa web e na parte inferior onde pon “Rexístrate e recibe as nosas novidades no teu correo” déixanos o correo electrónico ao queiras que che cheguen as noticias máis interesantes. E listo, xa estamos en contacto.

Se por algún motivo queres darte de baixa, poderás facelo en calquera momento. O proceso tamén é moi sinxelo. Se recibiches unha newsletter, no texto da parte inferior do correo poderás premer a "ligazón" para acceder ao centro de preferencias.
Unha vez alí poderás borrar a selección da opción "Newsletter". A continuación, preme "Aceptar" e deixarás de recibir as nosas novidades. Botarémoste de menos, pero agardamos que queden moitos motivos para acompañarte nas túas viaxes.

¡Si! O noso programa de fidelización dōcō puntos permíteche viaxar mentres aforras para as túas próximas aventuras. Tes todos os detalles do programa nos nosos termos e condicións. Ademais, podes incluír a tarxeta de fidelización de Máis Renfe e acumular puntos cos teus billetes de tren.

Estamos a traballar niso! Proximamente, poderás incluír un seguro opcional para as viaxes que realices en dōcō.

Ata que a situación de pandemia global estea superada, recomendámosche que sempre viaxes con máscara e non a quites durante o traxecto. Deste xeito, non só te protexes ante posibles contaxios, senón que fas que o condutor e o resto de pasaxeiros viaxen con máis seguridade. Recomendamos tamén que consultes a información facilitada polas comunidades autónomas sobre os requisitos para o viaxeiro a través da seguinte ligazón. https://www.sanidad.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/enlacesCCAA.htm

 

A app móstrase no idioma do dispositivo. Para cambiar o idioma, debes mudar o idioma do dispositivo.

Viaxar está ben, pero viaxar con desconto está aínda mellor. Poderás aplicar os teus códigos de desconto no resumo da compra, xusto antes de realizar o pagamento.

Actualmente podes incluír a tarxeta de fidelización de Más Renfe e acumular puntos cos teus billetes de tren. Ademais, podes aproveitar o noso exclusivo programa de fidelización dōcō puntos e aforrar mentres viaxas en calquera dos nosos medios de transporte, excepto Sixt.

Encontrarás o detalle da política de cancelación de cada transporte nos Termos e Condicións do seu provedor de mobilidade, xa que son eles os responsables de cada un dos transportes.

A túa saúde e a do resto de persoas que viaxan é o primeiro, polo que che recomendamos non o facer. Encontrarás o detalle da política de cancelación de cada transporte nos Termos e Condicións do seu provedor de mobilidade, xa que son eles os responsables de cada un dos transportes.

Encontrarás o detalle da túa cobertura en caso de accidente, nos Termos e Condicións de cada provedor de mobilidade, xa que son eles os responsables de cada un dos transportes. No resumo da túa viaxe tes a información de contacto de cada provedor.

Si, bule, que aínda estás a tempo de chegar ao seguinte... En dōcō, os transportes prográmanse de xeito individual, non grupalmente.

Actualmente non todas as rutas que ofrecen os nosos colaboradores dispoñen de información sobre accesibilidade. Porén, traballamos continuamente para poder visibilizala. Dende dōcō poderás xestionar as túas preferencias para encontrar rutas que minimicen as distancias a pé ou engadan máis tempo entre conexións, así como contratar servizos de taxi con vehículos adaptados a persoas diversofuncionais naquelas zonas nas que estean dispoñibles.