Chega dōcō, a app para viaxar onde e como queiras

dōcō
doco logo

O mundo cambiou moito nos últimos anos e os nosos hábitos tamén. Un deses cambios é a forma na que nos movemos.  Xa sexa para estar preto das persoas que queremos, para traballar, por diversión, por deber ou porque si. Movémonos porque somos inquedos e porque nos gusta ir dun lado para outro.  

Sabías que somos o país de Europa coa rede máis extensa de alta velocidade? Ademais, tamén somos o país europeo con máis quilómetros de autovías e autoestradas. A mobilidade forma parte das nosas vidas e non paramos. Collemos o tren ou o bus para poder abrazar esa parte da familia que levamos tempo sen ver. Trasladámonos en bici ou moto para que nos dea o aire fresco e deleitarnos co noso entorno. Compartimos calquera traxecto con esa persoa que tanto nos alegra o día. Ata cando temos présa, gústanos gozar do camiño, sen estrés e sen leas. 

En definitiva, en España gústanos movernos, pero, sobre todo, gústanos apreciar cada detalle da viaxe. Por esta razón, e para que poidas sentirte preto de calquera lugar, moi pronto poderás moverte en dōcō. Se che entran as ganas de coñecer máis e non podes esperar, contámosche estas curiosidades para que saibas máis sobre dōcō. 

 

1.  O nome, aínda que estea quieto, móvese

doco chica

dōcō nace das palabras castelás ¿dónde? e ¿cómo?, e é a unión das dúas primeiras sílabas de cada unha delas. Por iso, o seu logotipo mantén os seus signos de acentuación, dando personalidade á súa grafía e ao seu ecosistema gráfico.   

Se o nome expresa sinxeleza, o seu logotipo tamén. Caracterízase pola circularidade dos caracteres e constrúese con formas xeométricas simples e unha tipografía personalizada que resalta o dinamismo. Sobes? 

 

2.  Movémonos contigo 

doco 3

En dōcō queremos que todas as persoas que viaxan poidan chegar onde queiran. Sexa como sexa, e sexa onde sexa, adaptamos os nosos servizos e transportes ás súas necesidades e desexos. 

 

3.  Un servizo que abre novos camiños 

doco 4

Somos o primeiro servizo de mobilidade en España que busca impulsar a colaboración pública e privada do sector. Integramos unha ampla variedade de transportes para ofrecer as opcións de mobilidade máis sostibles posibles no país. 

 

4. Sen leas 

doco 5

En dōcō somos completamente transparentes. Por iso, todos os servizos se ofrecen dende a neutralidade, igualdade e respecto a todas as persoas e ao medio. Non vale calquera cousa. Ti e o noso planeta merecedes o mellor. 

 

5.  Sempre buscamos chegar máis lonxe 

doco 6

Aspiramos a ser a mellor experiencia de mobilidade que axude a todas as persoas a gozar do camiño e a alcanzar o destino. Pero, se chegar é importante, tamén o é gozalo. 

 

En dōcō conectamos lugares e persoas para que, vaias onde vaias, esteas moi preto das cidades e aldeas do noso país. Xa sexa en tren, taxi, VTC ou moto, acompañámoste durante o camiño para que te movas por toda España, sen leas.  

Agora que xa coñeces dōcō un pouco mellor... Permítenos coñecerte a ti! Estás listo para que te acerquemos a calquera recuncho do noso país?