A miña conta
Ata que a situación de pandemia global estea superada, recomendámosche que sempre viaxes con máscara e non a quites durante o traxecto. Deste xeito, non só te protexes ante posibles contaxios, senón que fas que o condutor e o resto de pasaxeiros viaxen con máis seguridade. Recomendamos tamén que consultes a información facilitada polas comunidades autónomas sobre os requisitos para o viaxeiro a través da seguinte ligazón. https://www.sanidad.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/enlacesCCAA.htm
A app pódese usar con calquera idade... Porén, a idade mínima para rexistrarse, reservar e comprar unha viaxe en dōcō é a partir de 16 anos.
Comproba a túa bandexa de 'correo non desexado' e que o enderezo que proporcionaches ao rexistrarte non conteña ningún erro (que escribises .es en lugar de .com, algún acento, algunha letra de máis ou de menos, …). Ás veces acontece que os servidores reciben os correos con atraso por algún problema técnico. Por favor, agarda uns minutos antes de volver comprobalo e, se segue sen chegar, contáctanos por teléfono chamando ao 91 901 90 50 ou 900 86 16 86.
Podes modificar os teus datos sempre que queiras na sección "O meu perfil", agás o correo electrónico, que actualmente non se pode modificar.
Podes usar dōcō sen unha conta para consultar información de viaxes e as súas diferentes rutas, combinacións de transportes e prezos. Necesitarás unha conta para reservar, comprar billetes e beneficiarte de todas as nosas vantaxes exclusivas.
Non. Nunca debes compartir a túa conta de dōcō. Recorda que nela hai datos, documentos e métodos de pagamento que son persoais e intransferibles, polo que tampouco debes permitir que unha persoa teña acceso a unha conta xa conectada para adquirir traxectos/títulos.
O titular da conta ten toda a responsabilidade sobre o uso desta.
Temos moita gana de viaxar contigo! Na nosa páxina web ou a aplicación poderás crear unha conta de usuario e comezar a gozar de todas as vantaxes que che ofrecemos. Se comezaches a utilizar dōcō sen conta, sempre poderás creala máis adiante para poder comprar billetes e contratar servizos de transporte.
Vaites, imos intentar solucionalo. Verifica que estas escribindo o correo electrónico correctamente. Se non recordas o contrasinal, preme en "Non recordo o contrasinal" e sigue as indicacións para recuperalo. Se segues sen poder acceder, por favor, contacta co Centro de atención.
En dōcō respectamos totalmente a privacidade dos teus datos e só compartiremos os mínimos imprescindibles cos provedores de mobilidade cando compres unha viaxe con eles ou realices unha reclamación en caso dalgunha incidencia.
Podes consultar a nosa Política de Privacidade aquí.
Unha das moitas vantaxes de dōcō é que poidas xestionar todos os servizos de mobilidade dende un único lugar. Deste xeito, o teu perfil é común para todos, polo que non podemos aproveitar o teu rexistro previo nun provedor determinado.