Durante a viaxe
Se un problema nalgún dos transportes da túa viaxe che fai perder calquera dos seguintes é responsabilidade do provedor dese servizo. En dōcō só somos intermediarios entre servizos de transporte e as persoas que viaxan.
Os provedores de mobilidade serán responsables de garantir o cumprimento da prestación dos seus servizos, pero ningún responde do servizo doutro.
Ante cancelacións, atrasos e incidencias que non dependen de ti, cada provedor responderá seguindo os seus termos e condicións particulares.
En caso de que perdas unha conexión, poderás replanificar a túa ruta con outro medio de transporte. Os gastos desa replanificación non correrán á conta de dōcō.
Se sabes en que transporte o perdiches, recomendámosche que contactes directamente con eles para que che poidan axudar.
Na sección de Axuda da web ou a app poderás contactar co noso servizo de atención, que che ofrecerá unha solución ou te poñerá en contacto co provedor de mobilidade. En caso de accidente no que estea en perigo a seguridade ou saúde das persoas, debes poñerte en contacto inmediato co persoal sanitario correspondente ou as autoridades locais.
Si, bule, que aínda estás a tempo de chegar ao seguinte... En dōcō, os transportes prográmanse de xeito individual, non grupalmente.
Na sección de Axuda da web ou a app, poderás contactar co noso servizo Centro de atención, que che ofrecerá unha solución ou te poñerá en contacto co provedor de mobilidade.
Lamentamos oír isto e agardamos que se solucione o antes posible. Recomendámosche que contactes directamente coa compañía de mobilidade correspondente. Se é durante a viaxe, tes a información de contacto da compañía. Se é despois da viaxe, podes comentárnolo a nós por aquí ou, se o prefires, podes contactar connosco chamando ao teléfono 91 901 90 50 ou 900 86 16 86 para poder axudarche.
En todo momento terás acceso a un método de contacto co condutor ou coa compañía que presta o servizo. En caso de que o condutor cancele a viaxe, poderás realizar unha nova petición con outro provedor de servizo de taxi ou VTC.
Ante posibles incidencias de tráfico, poderás contratar un transporte alternativo na aplicación, se o consideras necesario. Dependendo das condicións do provedor mobilidade, pode que non se responsabilice dos traxectos posteriores en caso dunha incidencia por tráfico.
Na sección "As miñas viaxes" poderás consultar todas as viaxes que fixeches con dōcō, o detalle das rutas e as compañías de mobilidade, e poderás solicitar as facturas de cada un dos transportes. Para as reservas de motos e patinetes hai que ter un pouco de paciencia, poderás acceder á información sobre a túa reserva ao cabo dunha hora.